Saltar navegación

Obxectivos educativos

 

A finalidade do proxecto é a de proporcionar ao alumnado formación, madureza intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. Así mesmo, capacitará o alumnado para acceder á educación superior.

O estudo da probabilidade sitúase dentro do chamado sentido estocástico que comprende a análise e a interpretación de datos, a elaboración de conxecturas e a toma de decisións a partir da información estatística, a súa valoración crítica e a comprensión e comunicación de fenómenos aleatorios nunha ampla variedade de situacións (DECRETO 156/2022, do 15 de setembro).

Como se sinala no mencionado decreto, as matemáticas non son unha colección de saberes separados e inconexos, senón que constitúen un campo integrado de coñecemento. O conxunto de obxectivos, criterios de avaliación e contidos están deseñados para constituír un todo que facilite a formulación de tarefas sinxelas ou complexas, individuais ou colectivas, dentro do propio corpo das matemáticas ou multidisciplinarias. Sen abandonar o uso de lapis e papel nos casos sinxelos, o emprego de ferramentas dixitais para investigar, interpretar e analizar posibilita que procesos e operacións que requiren sofisticados e tediosos métodos manuais, poidan abordarse de forma sinxela mediante o uso de calculadoras, follas de cálculo, programas de xeometría dinámica ou outro software específico, favorecendo o razoamento fronte ás aprendizaxes memorísticas e rutineiras.

Preténdese contribuír a desenvolver os seguintes obxectivos do bacharelato:

  • OBX1. Modelizar e resolver problemas da vida cotiá e da ciencia e da tecnoloxía aplicando diferentes estratexias e formas de razoamento para obter posibles solucións.
  • OBX3. Formular ou investigar conxecturas ou problemas, utilizando o razoamento, a argumentación, a creatividade e o uso de ferramentas tecnolóxicas, para xerar novo coñecemento matemático.
  • OBX6. Descubrir os vínculos das matemáticas con outras áreas de coñecemento e profundar nas súas conexións, interrelacionando conceptos e procedementos, para modelizar, resolver problemas e desenvolver a capacidade crítica, creativa e innovadora en situacións diversas.
  • OBX7. Representar conceptos, procedementos e información matemáticos seleccionando diferentes tecnoloxías, para visualizar ideas e estruturar razoamentos matemáticos.

Outros obxectivos que se pretenden tamén son:

  • Ofrecer unha aprendizaxe diferenciada e flexible. por ser unha ferramenta idónea para facilitar a asimilación de coñecementos sen desmotivacións. Os estudantes con maiores dificultades lograrán máis confianza e seguridade en si mesmos, xa que poden acceder ao material cantas veces lles sexa necesario.
  • Ser unha ferramenta fácil de utilizar na clase e na aula virtual.
  • Integar as TIC na aprendizaxe.
  • Ofrecer un obxeto versátil que facilite á docencia tanto presencial coma semipresencial ou virtual.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)