Saltar navegación

2. Probabilidade

 

A probabilidade é unha rama das matemáticas que estuda os fenómenos ou os experimentos aleatorios, é dicir, aqueles cuxo resultado non se pode prever con certeza aínda coñecendo todas as condicións iniciais.

A probabilidade dun suceso define a posibilidade de que ocorra un feito. Hai moitas situacións da vida real nas que podemos ter que predicir o resultado dun suceso. Nestes casos, dicimos que existe unha probabilidade de que este suceso ocorra ou non. A probabilidade adoita representarse mediante un numero entre cero e un, indicando o cero a imposibilidade de que algo ocorra e o un a inevitabilidade.

dado probabilidade

En xeral, a probabilidade ten grandes aplicacións nos xogos, nos negocios para facer predicións, e tamén ten amplas aplicacións na área da intelixencia artificial.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)