O punto de inicio. Que e con quen investigar?

Un momento decisivo: formar os grupos de investigación
Chegamos a un momento clave do proceso: formar os grupos de investigación e comezar a pensar no que imos investigar.
Traballaremos en grupos mixtos, como se fai na ciencia profesional. Isto significa que os grupos non se formarán por afinidades persoais, como amizades ou persoas que che caian ben, senón como equipos de traballo. Na ciencia profesional, e na maioría dos traballos, é habitual colaborar con persoas diversas, con distintas habilidades e puntos de vista, o que pode enriquecer o resultado final.
Elixir o tema de investigación
Os temas de investigación que escollades deben ser sempre consensuados coa vosa profesora ou profesor. Probablemente xurdirán moitas ideas, pero non todas serán axeitadas para investigar. Aquí contaredes con orientación e apoio para decidir cal é o tema máis interesante e viable.
Traballar en equipo e escoller un bo tema son pasos fundamentais para o éxito do voso proxecto. Agora, mans á obra!