Quedou claro?
Para facer unha reflexión final da unidade, imos ver dous vídeos curtos. Escoitaos con calma. Un é de ASTROLOXÍA e outro de ASTRONOMÍA.
Individualmente anota as ideas que che fan pensar cal das dúas disciplinas é unha CIENCIA e cal non o é, e o motivo (frases concretas do vídeo) que che permiten defender a túa postura.
Organizade un debate onde discutades o motivo polo que a Astronomía e a Astroloxía con ciencia ou non. Respectade as opinións dos demais, aínda que cientificamente non teñan sustento.
Aquí están.
A palabra proba ou evidencia foi relevante no debate?