B. Seleccionando persoal investigador

Tarefa

Duración:
10 minutos
Agrupamento: primeiro individual, para rematar en grupo
Grupos mixtos de 4-5 persoas

Poñédevos en situación:

Estades participando nun proceso de selección para escoller os mellores científicos e científicas de España, que optarán a unha estancia de investigación nun centro punteiro en Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía.

Debedes seleccionar tres aspectos, dos indicados a continuación, que consideraríades fundamentais para garantir que os candidatos desempeñen ben o seu traballo.

 

Pexels. Laboratorio (CC0)

En primeiro lugar, realizade a selección de forma individual. A continuación, comentádea en parellas e, finalmente, chegade a unha decisión consensuada como clase.

Criterios de selección do persoal investigador:

  • Debuxar ben
  • Saber matemáticas
  • Saber inglés
  • Ser preciso/a
  • Ser unha persoa metódica
  • Falar ben en público
  • Saber administrar o diñeiro
  • Saber comentar novelas
  • Saber analizar datos e, a partir deles, chegar a unha conclusión
  • Saber formular unha posible solución a un problema e comprobar posteriormente a súa validez