B. Comproba o que aprendiches

Pregunta Verdadeiro-Falso

Indica se as seguintes frases son verdadeiras ou falsas. Primeiro faino de xeito individual para, logo, compartir a túa resposta cun compañeiro ou compañeira. 

Pregunta 1

Na ciencia é tan importante o que cre un científico ou científica recoñecido sobre un problema coma as probas ou evidencias. 

Pregunta 2

Os cambios que un sólido ten por efecto da temperatura cando se parte en pedazos é un estudo propio da Química. 

Pregunta 3

Cando unha científica comunica un feito que ten investigado debe apresentar evidencias como son os resultados dos seus traballos. 

Pregunta 4

Algo importante do traballo en Ciencia é saber a opinión das persoas que traballan nun laboratorio antes de facer os experimentos. 

Pregunta 5

A Bioloxía é a ciencia que estuda os seres vivos.