C. Investiga na rede

Tarefa

Un titular importante de 2024
Aínda non significa igualdade real entre as mulleres e os homes na ciencia, pero xa hai un camiño feito.

Tarefa

1. Investiga na rede quen e por que gañaron os Premios Nacionais de Investigación en España.

2. Logo de telo feito, primeiro comproba cun compañeiro o cunha compañeira se tedes as mesmas persoas premiadas. 

3. A continuación, podes asegurar se a resposta foi correcta, na retroalimentación. 

Mellora a túa competencia dixital e lembra algúns consellos para buscar información na rede: 

1. Usa fontes fiables
Non todas as páxinas web ofrecen información correcta. Busca fontes recoñecidas como:

  • Enciclopedias en liña (Wikipedia pode ser un bo punto de partida, pero comproba a información noutras fontes).
  • Páxinas oficiais (.gov, .edu, ou .org).
  • Xornais e revistas de prestixio.

2. Evita copiar e pegar
Non se trata de copiar tal cal o que atopes, senón de entender a información e escribila coas túas palabras. Así demostras que comprendiches o tema e aprendes mentres o fas.


3. Aprende a buscar de forma específica
Usa palabras clave relacionadas co teu tema. Se buscas algo concreto, pon comiñas na procura (por exemplo: “causas do cambio climático”). Isto axudará a obter resultados máis precisos. Palabras como


4. Contrasta a información
Non quedes coa primeira páxina que atopes. Compara a mesma información en varias fontes para asegurarte de que é correcta e completa. Se detectas contradicións segue buscando, e consulta co teu profesor ou a túa profesora.