Conceptos básicos
Antes de redactar o voso proxecto, imos repasar conceptos básicos das unidades anteriores. Resulta fundamental que estes poucos termos os dominedes e os usedes con precisión. A continuación, tedes unha serie de audios que explican un proxecto de investigación, e depois vos formulan unha pregunta cuxa resposta ou respostas correctas debedes escoller entre as opcións.
Respondede individualmente e, logo, comentade as respostas co voso grupo de investigación.
Non é mala idea que, antes de facer as actividades, repasedes o voso dicionario de investigación.