B.C. Obradoiro de variables

Tarefa

Agrupamento:
Grupos mixtos de 4-5 personas
Imaxe de IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2. Trabajo en grupo (CC BY-SA)

Actividade: Deseño dunha investigación científica e identificación de variables

Obxectivo: aprender a identificar as variables independente, dependente e estranas nunha investigación, así como a deseñar estratexias para controlar as variables estrañas.

Instrucións:

Elixe un dos seguintes temas de investigación sinxelos:

- Efecto da temperatura sobre a velocidade de disolución do azucre en auga salgada.
- Influencia da luz sobre o crecemento dos tomates
- Efecto do tipo de música no tempo de concentración para realizar un exercicio de memorización.

Para o tema elixido, completade o seguinte deseño experimental:

  • Variable independente.
  • Variable dependente. 
  • Variables estrañas: identifica tres variables estranas posibles. 
  • Un método para controlar as variables estrañas indicadas. 

Revisade, antes de comezar, este exemplo: 

Tema: Influencia da luz sobre o crecemento das plantas

Variable independente: a cantidade de luz recibida (horas de luz ao día).
Variable dependente: o crecemento das plantas (medido en centímetros cada semana).
Variables estrañas e como controlalas:

Tipo de solo: usar o mesmo tipo de solo para todas as plantas.
Cantidade de auga: regar todas as plantas coa mesma cantidade de auga diariamente.
Temperatura ambiente: manter as plantas no mesmo lugar para asegurar que a temperatura sexa igual para todas.

Presentación do traballo: Cada grupo presentará o seu deseño ao resto da clase, explicando as variables e a forma de controlalas.
Reflexión final: Discutide a importancia de controlar as variables estrañas para asegurar que os resultados sexan válidos e fiábeis.