C. Un veciño contaminou o estanque

Tarefa

Analiza esta noticia ficticia publicada nun xornal.

Nunha localidade do Xeoparque Montañas do Courel, detectouse un tipo de contaminación moi visible nun estanque, aínda sen coñecer as súas causas. Na fotografía pode observarse o fenómeno. Esta mañá, un experto en ecoloxía, vinculado á universidade, desprazouse ao lugar e declarou aos medios de comunicación que, na súa opinión, a contaminación podería deberse a un vertido dunha substancia rica en fósforo realizado por algún veciño.

Luis Fernández López. Eutrofización nun estanque (CC BY-SA)

Traballade en grupo e comentade ata que punto considerades crible a información publicada no xornal.