Saltar navegación

A.B.C. Preguntas

Que investigarías este curso aquí?

Luis Fernández López. Preguntas (CC BY-SA)

Imos pensar en preguntas

A maioría dos científicos e científicas ao longo da historia comezaron así: facéndose unha pregunta.

Tarefa:

  • De xeito individual, pensa en tres preguntas que che gustaría investigar no teu colexio ou instituto durante o próximo mes.
  • Xúntate cunha compañeira ou un compañeiro e comparte as túas preguntas. Pide a súa opinión sobre se lle parecen posibles de investigar ou non, e que explique os motivos polos que considera que a investigación sería viable ou non para responder a cada pregunta.

Logo de rematar, podes ver a retroalimentación. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)