Imos ver como te defendes buscando información en Internet.
Para traballar no proxecto necesitarás atopar información específica. Hai moitas fontes porén, non hai dúbida, que os buscadores serán un dos importantes.
Nesta actividade pídese que escollas a opción correcta nun despregable. Para escoller a opción usa un buscador na rede da túa preferencia e , por suposto, os teus coñecementos.
Na opción de retroalimentación tes as respostas correctas para comprobar ao finalizar o teu intento.
TEXTO COMPLETO
O átomo é a estrutura básica da materia e está conformado por protóns, neutróns, e na codia do átomo electróns.
O número atómico do Hidróxeno e 1, o número atómico do osixeno é 8, e o do carbono é 12.
O peso atómico da plata é 107,86, o do ouro é 196,96 e o do platino é 195,08 uma.
O símbolo do ouro é Au, o da plata Ag e o do potasio K.