Tarefa
A continuación, podes ler unha serie de competencias laborais que se poden desenvolver en distintos sectores. Escolle, destas, as tres que consideres máis importantes no traballo diario dun científico ou dunha científica e colócaas por orde da importancia que lles das na súa labor profesional.
Debes colocar a actividade que che pareza máis importante e relevante na ciencia como 1, logo a segunda e a terceira de maior importancia para ti, co 3.
Non penses nun traballo científico ou área da ciencia concreta, senón da ciencia en xeral.
Logo, noutro cadro, debes indicar as competencias que consideres de menor importancia para o traballo científico.
COMPETENCIAS LABORAIS
- Preparar unha disolución no laboratorio
- Pensar e anotar ideas nun folio
- Expoñer en público
- Usar Internet
- Saber manexarse ben nunha biblioteca
- Usar un microscopio
- Saber inglés
- Facer un comentario dun texto
- Facer cálculos matemáticos
- Relacionar datos e chegar a unha conclusión
- Debuxar
- Saber medir un potencial eléctrico cun osciloscopio
- Pesar con exactitude
- Saber latín
- Medir o pH dunha disolución
As tres competencias máis importantes, por orde, para ser científico/a son:
1.
2.
3.
As tres competencias menos importantes para ser unha boa científica/o son:
1.
2.
3.
Logo de pensalo de xeito individual, intentade chegar a un acordo.
A partir das respostas individuais, tentade completar a actividade chegando a un acordo como grupo, considerando as competencias laborais máis importantes para contratar ese científico ou científica.
Ao finalizar, xunto co profesor ou profesora, discutide os motivos polos que considerastes certas competencias como moi importantes ou pouco importantes para traballar no ámbito da investigación.
Lembrade que nesta actividade non hai respostas boas ou malas; o máis importante é que expliquedes razoadamente as vosas eleccións, baseándovos no contexto xeral da ciencia e nas capacidades que credes necesarias para o desenvolvemento desta profesión.
Porén, quizais, a maioría indicastes como moi importante a capacidade de relacionar datos e chegar a unha conclusión. Nese caso, perfecto.