Traballar en grupo

4 recomendacións para traballar nun grupo de investigación escolar
Presentamos 4 recomendacións para que traballar nun grupo de investigación no teu IES, CPI ou colexio funcione ben e se asemelle ao xeito correcto de traballar nun grupo de investigación profesional, como no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa de Madrid ou no Instituto Oceanográfico de Vigo.
Revisa as recomendacións con calma:
- Tede claro sempre o obxectivo da investigación.
- Todos os membros do grupo deben saber cal é o propósito do traballo e que se espera conseguir.
- Dividide as responsabilidades entre todos e todas.
- Establecede un plan de traballo organizado, facendo unha lista de tarefas necesarias para o proxecto. Repartide esas tarefas de forma equitativa, lembrando que a responsabilidade de cada persoa pode ir mudando ao longo do proceso.
- O traballo debe estar equilibrado. Non é xusto que unha persoa cargue co traballo de todos e todas. Cada membro do grupo debe contribuír de forma activa.
- Pactade regras básicas de colaboración e resolución de conflitos.
- Definide normas claras para o traballo en equipo e acordade como afrontar calquera conflito que poida xurdir durante o proxecto.
- Coordinación co docente. O profesor ou a profesora guía a investigación. Non dubidedes en comunicar calquera incidencia e comezade establecendo con eles as normas de traballo que ides seguir, tendo en conta estas pautas.
Seguindo estas recomendacións, poderedes comezar o proxecto de forma organizada, fomentando un ambiente de colaboración que aumentará as posibilidades de éxito.
A traballar, equipo!