A.B.C. Reflexión

Tarefa

Antes de pasar á avaliación na última unidade, realizaremos unha fase previa: a avaliación por pares. Basicamente, un grupo de investigación A revisará a memoria dun grupo B e viceversa, facendo comentarios construtivos antes da presentación final.

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Avaliación (CC BY-SA)

Un grupo de avaliación por pares é un equipo formado por persoas, normalmente con coñecementos no mesmo ámbito, que revisan e valoran o traballo de investigación doutros. Este sistema baséase na idea de que as persoas do mesmo campo poden ofrecer unha análise obxectiva, identificar puntos fortes e suxerir melloras.

No noso traballo, os grupos de avaliación por pares permitirán que revisedes as memorias dos compañeiros e compañeiras, seguindo uns criterios claros previamente establecidos, que son os das rúbricas da unidade 9. O obxectivo principal é aprender tanto do traballo alleo como do propio, ao recibir e dar comentarios construtivos. Este método fomenta a reflexión, a mellora continua e o traballo en equipo, ademais de axudar a desenvolver unha actitude crítica e responsable fronte á investigación.