O proxecto de investigación: un documento fundamental
Redactar un bo proxecto antes de iniciar unha investigación en ciencias é fundamental para garantir o éxito do traballo. O proxecto serve como guía para organizar as ideas, definir obxectivos claros e establecer os pasos a seguir. Ademais, axuda a prever posibles problemas e buscar solucións antes de comezar, aforrando tempo e recursos. No proxecto, tamén se identifican as ferramentas e materiais necesarios, o que facilita a planificación. Finalmente, un proxecto ben redactado permite comunicar mellor o propósito e a relevancia da investigación, tanto ao profesorado como a posibles colaboradores. É o primeiro paso cara a unha ciencia ben feita!
Onde o redactaremos?
Para redactar o proxecto de investigación tedes un formulario dispoñible nas actividades desta unidade.

Quen o redacta?
O grupo de investigación ao completo. NON serve dividir o traballo entre as persoas integrantes do grupo. O conxunto do proxecto debe ser elaborado polo grupo en conxunto.
Como se corrixe e mellora o proxecto?
O profesor ou profesora indicará como enviar os distintos borradores do proxecto (aula virtual, correo electrónico, etc. ).
Quen o aproba para iniciar a investigación?
O teu profespr ou a túa profesora. Irá mellorando o voso proxecto, até validar unha versión final.
Agora, con moita calma, imo ver cada apartado por separado.