C. Contidos

Que é argumentar?

Ocultar

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Argumentación (CC BY-SA)

Argumentar significa expresar ideas de maneira clara, lóxica e organizada, empregando razóns, datos e evidencias para defender unha opinión ou unha posición sobre un tema. No caso do voso proxecto, argumentar será redactar ás conclusións de maneira clara e loxica, empregando os resultados (evidencias) que tedes obtido na experimentación. 

Un exemplo moi claro e sinxelo:

Pregunta:

Por que o xeo flota na auga?


Argumentación:

  • Observación: podemos observar que o xeo flota na auga, mentres que outros obxectos poden afundirse. 
  • Datos: sabemos que a densidade do xeo é menor que a da auga líquida (é un dato moi fácil de conseguir).
  • Razonamento: ao conxelarse, a auga aumenta o seu volume e diminúe a súa densidade, polo que o xeo é menos denso e flota.

Cales son as características dunha boa conclusión argumentada?

  • Ser clara, as ideas enténdense facilmente.
  • Ser evidente, baséase en probas e feitos, que obtivestes durante a experimentación; e non usamos opinións ou crenzar sen apoiar en datos.
  • Ser organizada: segue unha estrutura lóxica.


Deste xeito, argumentar nas ciencias axúdavos a comunicar os vosos descubrimentos e defender as vosas ideas con seguridade.

A estrutura dun bo argumento

Ocultar

Cando redactedes as conclusións debedes facelo de xeito argumentado. A estrutura dun argumento é a forma na que organizamos as ideas para defender unha opinión, conclusión dun traballo ou unha posición. Os argumento que ides utilizar teñen dúas partes principais:

1. Afirmación (ou tese)
É a idea principal ou a posición que queredes defender. É o punto de partida do voso argumento.

Exemplo:
"O cambio climático está a afectar os ecosistemas do planeta."

2. Evidencias (ou probas)

Aquí presentas datos, experimentos que demostren que as túas conclusións son verdadeiras. Sen probas (evidencias), o argumento non é sólido.

Exemplo:
"Segundo informes da ONU, as temperaturas aumentaron unha media de 1,1 ºC desde a Revolución Industrial, e os polos están a derreterse máis rápido que nunca."

Nos vosos proxectos, podedes redactar as conclusións, usando  a afirmación e as evidencias. resultado da investigación. 

Malos argumentos

Ocultar

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Fake news (CC BY-SA)

Os malos argumentos preséntanse cando as ideas non están ben xustificadas ou non seguen unha lóxica correcta, utilizando trucos ou enganos para convencer. Estes erros chámanse falacias. As noticias falsas ou fake news usan as falacias para convencer a unha boa parte da poboación. 

Na sociedade, é frecuente que, por motivos políticos, económicos, relixiosos ou de outra índole, se intente manipular á poboación mediante malos argumentos. Moitas veces, estas ideas preséntanse enmascaradas nunha linguaxe aparentemente científica, pero son informacións equivocadas ou inexactas.

Esta é unha técnica de manipulación de grupos humanos que sempre existiu e que, por desgraza, segue existindo na actualidade.

Traballar nun proxecto coma este, sen dúbida, prepararavos para identificar e defendervos deste tipo de manipulacións, desenvolvendo un pensamento crítico e reflexivo fronte a informacións falsas ou mal argumentadas.

Que é unha falacia?
Unha falacia é un argumento que parece válido ou razoable, pero en realidade é incorrecto ou enganoso. As falacias, como xa temos indicado,  son moi comúns en debates, medios de comunicación ou redes sociais.

Tipos de malos argumentos máis comúns:


1. Falacia "ad hominem" (ataque á persoa)

En vez de discutir a idea, atácase á persoa que a defende.
Exemplo: "Non lle fagas caso a Marcos cando fala do cambio climático; el nin sequera recicla."


2. Falacia da xeneralización excesiva

Faise unha conclusión xeral a partir de moi poucos casos.
Exemplo: "O meu amigo non estuda e aproba sempre. Iso demostra que estudar non serve para nada." Se da vosa mostra do proxecto afirmades que así é en todo o mundo, cometeriades este tipo de falacia. 


3. Falacia de apelación á autoridade

Crese algo porque unha persoa famosa ou importante o di, aínda que non sexa experta no tema, ou non teña datos para apoiar o que di. 
Exemplo: "Este deportista di que o chocolate adelgaza, así que debe ser certo."


4. Falacia de causa falsa

Atribúese unha causa a algo sen probas reais.
Exemplo: "Dende que levo a miña pulseira da sorte, sempre aprobo os exames."


5. Falacia do falso dilema

Presentar só dúas opcións cando en realidade hai máis alternativas.
Exemplo: "Ou es bo en matemáticas ou nunca terás éxito na vida."


6. Falacia de apelación á emoción

Inténtase convencer manipulando as emocións da xente, en lugar de usar razóns ou datos.
Exemplo: "Se non compras este produto, o medio ambiente estará perdido para sempre!"


7. Falacia de repetición (ou falacia do "porque si")

Repítese unha idea sen explicacións nin probas.
Exemplo: "É verdade porque cho digo eu."

LEMBRADE, nas vosas conclusións, NON PODEDES caer neste tipo de falacias. 

Como se pode recoñecer unha falacia?

Ocultar

1. Preguntade se hai probas reais ou só opinións.
2. Buscade datos e evidencias que apoien as razóns.
3. Comprobade se o argumento está ben razonado ou é só unha emoción ou un truco.
4. Pensade se o argumento usa xeneralizacións ou exemplos illados.

Estes consellos non son importantes só para este traballo de investigación de ciencias, sobre todo, son importantes para andar pola vida. 

Un exemplo moi sinxelo

Ocultar

Partimos dunha táboa onde aparecen datos dunha serie de reaccións químicas.   

Exemplos de conclusións verdadeiras:

  • A medida que a temperatura aumenta, o tempo de reacción diminúe.
  • O pH diminúe lixeiramente co aumento da temperatura.

Exemplos de conclusións falsas:

  • O tempo de reacción aumenta co incremento da temperatura.
  • O pH mantense constante durante todo o experimento.

Adiviña

Ocultar

2

Observa as letras, identifica e enche as palabras que faltan, relacionadas coa argumentación.

Número de preguntas: 5

Acertos: 0

Erros: 0

Puntuación: 0

Límite de tempo (mm:ss):

00:00

Minimizar:
Pantalla Completa:
Xenial! A pista é:
Pregunta sen imaxes
Audio
Autoría:

Prema aquí para xogar:
Resposta:
Pregunta:
Escribe a palabra correcta e preme en Responder. Se dubidas, preme en Seguir.
Su navegador no es compatible con esta herramienta.