Saltar navegación

Autoavaliación

Tarefa

A autoavaliación do grupo de investigación é un proceso no que os membros do voso grupo reflexiona de forma crítica sobre o propio traballo e o desempeño colectivo ao longo do proxecto. Neste tipo de avaliación, os integrantes analizan aspectos como o cumprimento dos obxectivos, a calidade das tarefas realizadas, a colaboración interna, a organización e o uso dos recursos. O obxectivo é identificar puntos fortes e áreas de mellora dentro do grupo, promovendo a autocrítica construtiva e o desenvolvemento de competencias tanto individuais como colectivas. Este proceso axuda a fomentar a responsabilidade e a aprendizaxe continua dentro do equipo.

Ferramenta de avaliación

Usaremos unha rúbrica de avaliación, que é unha ferramenta que usamos para avaliar o voso traballo de maneira clara e xusta. Está organizada en táboas que inclúen diferentes criterios, como a calidade, a creatividade ou o esforzo, e niveis de logro para cada criterio (por exemplo, básico, intermedio e excelente). Cada nivel describe con detalle o que se espera para alcanzar esa puntuación. Así, podedes saber de antemán que aspectos se valorarán e que debedes mellorar para acadar os mellores resultados. A rúbrica axúdanos a avaliar de forma obxectiva e tamén serve para que vós mesmos saibades como estades facendo as cousas. Abaixo, tedes a rúbrica que usaremos, tamén dispoñible na biblioteca de investigación

Tarefa

  1. Aplicade a rúbrica que aparece abaixo ao voso traballo. Cada membro do grupo deberá asignar un valor a cada apartado, de acordo coas descricións establecidas, e despois chegar a un acordo colectivo a partir das decisións individuais. Discutide con respecto e aceptade os comentarios construtivos dos demais. Para avaliar a presentación pública, e co permiso previo do profesor ou profesora, podedes pedir a alguén que grave a presentación.
  2. Entregade unha copia da vosa autoavaliación ao profesor ou profesora. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)