Tarefa

Lede, con calma, a descrición deste experimento.
Un estudante de Quiroga decide medir coma acidez do zume de limón afecta a cor dun indicador natural (como o zume de col lombarda). Para iso, engade diferentes cantidades de zume de limón en tres vasos que conteñen a mesma cantidade de zume de col lombarda e observa os cambios de cor. Realiza o experimento en distintos lugares: un vaso no laboratorio, outro na cociña e o terceiro ao aire libre.
Discutide no grupo a pregunta seguinte. Partide dunha resposta individual, compartídea en parellas, e chegade a unha conclusión do grupo.
Que hai que mellorar nesta proposta? Xustificade a resposta.
Hai, cando menos, un erro debido á falta de control experimental.
Ao non controlar a temperatura e a iluminación de cada lugar, as condicións ambientais poden variar significativamente. A exposición ao sol no exterior ou o calor na cociña poderían alterar os resultados, xa que os cambios de temperatura afectan a estabilidade e cor do indicador natural. Ao non controlar estas variables estrañas, os cambios de cor observados poderían deberse non só á acidez, senón tamén ás diferenzas de temperatura e luz, creando un erro no experimento.