Tarefa

Traballade no grupo de investigación
(Esta actividade ten como verdadeiro protagonista ao grupo de investigación. Neste momento resulta, maís que nunca, fundamental chegar a acordos en equipo).
Despois de todo o esforzo e dedicación dedicados no voso traballo experimental, chegou o momento clave: redactar as conclusións. Esta é unha parte fundamental do proxecto, xa que aquí é onde explicades o que descubristes grazas aos datos que recollestes. As conclusións son o resultado do voso traballo e teñen que demostrar o que aprendestes, sendo claras, precisas e ben fundamentadas.
Lembrade: as conclusións deben basearse nos resultados obtidos. Os datos son as vosas evidencias, e só eles poden apoiar as vosas afirmacións. Non vale incluír opinións persoais, crenzas ou ideas non demostradas. A ciencia require argumentos sólidos e probas claras, e vós tedes todo o necesario para logralo!
Antes de comezar, repasaremos como se redacta unha boa conclusión:
- Sintetizade o que observastes nos resultados.
- Relacionade os datos co obxectivo inicial do proxecto.
- Evitade introducir información nova ou ideas sen base.
- Facede afirmacións curtas, claras e directas.
- Non redactedes ningunha conclusión que non se apoie nunha evidencia (resultado).
- Non inclúades opinións nin crenzas.
Tarefa
- Revisados os datos do voso proxecto, redactade as conclusións seguindo os consellos anteriores.
- Redactade varias conclusións, sen mesturar todas as ideas nun único parágrafo.
- Asegurade que todo o grupo de investigación está conforme con cada unha das conclusións.
- Validade as conclusións coa lista de cotexo que tedes na retroalimentación, preferiblemente despois de rematalas.
Lista de cotexo para validar as conclusións:
-
Son frases sinxelas, facilmente comprensibles e directas?
-
Contan cunha afirmación unida a un dato ou resultado que a apoia?
-
Todos e todas recoñecedes ese dato nunha táboa ou gráfico dos resultados?
-
Todos e todas estades de acordo en que o dato ou datos apoian a afirmación?
-
As conclusións responden á pregunta de investigación?
-
As conclusións están relacionadas cos obxectivos?
Todas as respostas deberían de ser SI. De non selo, revisade a conclusión avaliada.