Tarefa
- Agrupamento:
- Grupos mixtos de 4-5 personas
Actividade: Creación dun diagrama de barras
Obxectivo: aprender a representar datos experimentais nun diagrama de barras a partir dunha táboa.
Instrucións:
1. Revisade os datos da táboa anterior que mostran como evoluciona a altura da planta en función da auga recibida ao longo de cinco días.
2. Constrúide un diagrama de barras para representar os datos. Seguide estes pasos:
- No eixo horizontal (eixo X), colocade os días do experimento (Día 1, Día 2, Día 3, etc.).
- No eixo vertical (eixo Y), indicade a altura da planta en centímetros.
- Debuxade unha barra para cada día, onde a altura da barra represente a altura da planta ese día.
3. Rotulade o gráfico:
- Engadide un título ao diagrama de barras, como "Evolución da altura da planta durante o experimento".
- Asegúradevos de engadir etiquetas aos eixes: no eixo X, "Día"; no eixo Y, "Altura da planta (cm)".
4. Interpretade os resultados: observade o diagrama de barras resultante e respondede ás seguintes preguntas:
- A medida que se engade máis auga, a planta aumenta a súa altura?
- En que días se observa o maior crecemento da planta?
Ide a retroalimentación, só despois de ter a vosa gráfica.
Pode ser algo así: