A.B.C. Ciencia na Escola

Vós tamén faredes ciencia

Ocultar

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Ciencia profesional versus ciencia escolar (CC BY-SA)

A ciencia profesional, como a que se realiza nun laboratorio de Física, segue un camiño organizado para atopar respostas. Este camiño inclúe pasos concretos, que xa coñecedes, e o voso proxecto de ciencia na escola (instituto ou colexio) debería seguir un enfoque similar. Lembramos:

  1. Identificar unha pregunta ou problema: o primeiro paso é pensar nunha cuestión que queirades investigar, algo que vos esperte curiosidade e vos motive a buscar respostas.
  2. Formular unha hipótese: esta é unha idea ou explicación inicial que intenta responder á pregunta. A hipótese debe ser clara e poder comprobarse mediante un experimento.
  3. Deseñar un experimento ou método: planificade un procedemento para recoller datos, asegurándovos de que sexa claro, ordenado e replicable. Este paso é crucial para obter resultados fiables.
  4. Rexistrar e analizar os resultados: anotade con precisión os datos que obtainedes no experimento. Logo, analizádeos para interpretar o que significan e decidir se apoian ou non a vosa hipótese.
  5. Chegar ás conclusións: baseádevos sempre nas evidencias (datos reais) para determinar se a vosa hipótese era correcta ou non. Recordade que un resultado contrario á hipótese inicial tamén é válido e importante na ciencia.
  6. Compartir as conclusións: explicade o que descubristes. Pode ser mediante unha presentación, un cartaz ou unha memoria ou  informe escrito. Compartir o traballo é unha parte esencial do método científico.

Aínda que contades con menos recursos que os profesionais que traballan na ciencia, o obxectivo é aspirar a un traballo rigoroso e ben feito. Estades facendo ciencia na escola, pero estades facendo ciencia de verdade. Aprender como funciona este proceso ensinaravos a súa importancia e impacto na sociedade.

Rematamos cun pensamento do famoso físico e divulgador Carl Sagan:

"A ciencia non é só un conxunto de coñecementos, é un modo de pensar. E iso debe empezar na escola."

Fáivos protagonistas. 


 

Actividade de encher ocos

Ocultar

Le o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.

O físico Carl Sagan ten dito que, "A ciencia non é só un conxunto de coñecementos, é un modo de . E iso debe empezar na "

Activar JavaScript