A.B.C. Reflexión

Sensibiliza

Nas sociedades humanas temos un xeito de intervir para mudar as cousas que é sensibilizar. Isto imos facer no momento da reflexión desta parte do camiño que nos achega á investigación.

Luis Fernández López. Sensibiliza (CC BY-SA)

Tarefas:

  1. En parellas ou individualmente definide unha idea que sirva para sensibilizar á sociedade de que resulta preciso mellorar a presenza das mulleres na investigación científica e na tecnoloxía. Non vos poñades directamente a traballar, primeiro toca idear. 
  2. Levade esa idea a un cartel publicitario que conteña unha imaxe e unha mensaxe escrita. Neste caso non usedes IA (intelixencia artificial), xa que interesan as decisións da vosa mente e as vosas ideas. 
  3. Colgade os carteis na aula de clase ou nos corredores. 
  4. En grupos, facede unha lista de características que creades vos permitan seleccionar o mellor cartel, por exemplo, que teña unha mensaxe clara, que use unhas cores determinadas, etc. O importante é que decidades vos eses criterios de calidade.
  5. Aplicando eses criterios seleccionade un cartel que represente á aula de clase. 
  6.  Cos cartéls seleccionados iniciade unha campaña publicitaria no centro educativo ou fóra del. Pode ser con carteis impresos ou a través das redes. 

Deste xeito, ata divertido, estades contribuíndo á transformación social.