Avaliación

Avaliación global e final do proxecto

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Avaliación (CC BY-SA)

Realizaremos unha avaliación global conxunta que incluirá diferentes perspectivas: a autoavaliación dentro de cada grupo de investigación, a heteroavaliación entre os diferentes grupos e a heteroavaliación realizada polo profesor ou profesora. Para levar a cabo este proceso, empregaremos rúbricas que xa coñecedes e que servirán como guía para avaliar de forma clara e obxectiva os distintos aspectos do traballo realizado. Este enfoque permitirá identificar puntos fortes, áreas de mellora e alcanzar unha visión máis completa e equilibrada do proceso, e tamén por onde seguir