Tarefa de avaliación
Analiza atentamente o experimento seguinte.
"Efecto da temperatura na solubilidade da sal na auga da Ría de Vigo"
Obxectivo: Comprobar como afecta a temperatura da auga da Ría de Vigo á solubilidade da sal.
Material necesario:
- Auga recollida da Ría de Vigo (aproximadamente 1 litro)
- Sal común (cloruro de sodio)
- Tres vasos de precipitados transparentes (ou vasos comúns)
- Termómetro
- Caldeiro con xeo
- Placa calefactora ou cociña eléctrica
- Culler para mesturar
- Balanza (opcional, para medir a cantidade de sal)
Procedemento:
Preparación dos vasos de precipitados: divídese a auga da Ría de Vigo en tres vasos de precipitado en cantidades iguais (aproximadamente 300 ml en cada vaso).
Control da temperatura:
Vaso 1: Deixa a auga a temperatura ambiente (anota a temperatura inicial coa axuda do termómetro).
Vaso 2: Coloca o vaso nun baño de xeo para arrefriar a auga e mide a temperatura.
Vaso 3: Quenta o terceiro vaso nunha placa calefactora ou cociña eléctrica ata que a temperatura chegue aproximadamente aos 40-50 °C. Coida de non sobrequecer a auga e mide a temperatura antes de continuar.
Engadir o sal: Engade pequenas cantidades de sal en cada vaso e remexe ata que o sal deixe de disolverse. Anota a cantidade de sal que engadiches ata que se sature a disolución (é dicir, cando o sal non se disolve máis).
Observación e rexistro: Para cada vaso, anota a temperatura da auga e a cantidade total de sal disolta. Observa como a auga quente disolve máis sal que a auga fría e compara as diferenzas entre cada vaso.
RESPONDE
1. Cal é a variable dependente?
2. Cal é a variable independente?
3. Cal poder ser unha variable estraña?
4. Como se pode controlar esa variable estraña?
Responde e revisa a retroalimentación para ver que tal foi.
A variable dependente é a temperatura a que fago a disolución e que eu controlo.
A variable independente é a cantidade de sal que se disolve en cada experimento, en función da temperatura.
Unha posible variable estraña é se fago probas en distintos lugares (laboratorio, na praia, noutro local, na casa de fin de semana) con temperaturas e condicións atmosféricas distintas. Contrólase facendo o experimento nas mesmas condicións e, a ser posible, no mesmo lugar.