A. Sopa de letras: as ciencias
A palabra ciencia inclúe unha ampla variedade de termos que abarcan diferentes campos de estudo.
Nesta sopa de letras atoparás algunhas especialidades científicas: algunhas son máis xerais e coinciden cos nomes das materias que estudas na ESO, mentres que outras son máis específicas e forman parte das anteriores.
Debes localizalas e anotar os termos no teu dicionario de investigación (no caderno físico ou virtual) xunto coa súa definición. Máis adiante, poderás mellorar ese glosario a medida que vaias coñecendo máis especialidades e termos. Lembra que tes un formato de dicionario dispoñible na actividade anterior.
Número de preguntas: 10
Acertos: 0
Puntuación: 0
- 1.- Estuda os insectos
- 2.- Estuda a vida
- 3.- Estuda o planeta Terra
- 4.- Estuda, mediante leis fundamentais, a enerxía, a materia, o tempo e o espazo
- 5.- Estuda a estrutura, composición e propiedades da materia e os cambios dela
- 6.- Estuda as posibilidades de vida que pode haber lonxe da Terra
- 7.- Estuda o Universo
- 8.- Estuda os animais
- 9.- Estuda as plantas
- 10.- Estuda a composición da materia viva