C. Avaliación

Pregunta Verdadeiro-Falso

Revisa a descrición feita polo grupo dunha investigación na materia de Química e os resultados que se mostran nunha gráfica. Logo, indica si as afirmacións son verdadeiras conclusións ou non.  

Temos investigado como a concentración dun ácido (HCl) afecta a velocidade dunha reacción química. Para iso, utilizaremos tiras de magnesio (Mg) que reaccionan co ácido clorhídrico liberando gas hidróxeno. Medimos o tempo que tarda en liberarse un volume fixo de gas ao variar a concentración do ácido.

Resultados

Pregunta 1

Aumentar a concentración do ácido reduce o tempo necesario para liberar un volume fixo de gas.

Pregunta 2

A velocidade da reacción é maior a concentracións máis elevadas de ácido clorhídrico.

Pregunta 3

A concentración do ácido non afecta á velocidade da reacción.

Pregunta 4

A concentración de 2 M é a que produce a reacción máis rápida, cun tempo de 45 segundos.

Pregunta 5

A concentración de 0,5 M mostrou a reacción máis rápida no experimento.

Pregunta 6

O magnesio reaccionou igual de rápido en todas as concentracións do ácido.