Tarefa

Traballade nos grupos de investigación.
Partimos dunha gráfica que amosa os cambios da temperatura media da Terra nas últimas décadas.
O grupo de investigación, nunha primeira reunión, redacta as conclusións seguintes, tendo en conta a evidencia (datos) da gráfica:
- A temperatura media global aumentou de maneira constante nas últimas décadas.
- A temperatura en 2020 foi a máis alta rexistrada na gráfica, alcanzando os 15,1°C.
- Entre 1980 e 2000, a temperatura media global diminuíu.
- O incremento da temperatura entre 1990 e 2020 foi de 0,8°C.
- A gráfica mostra unha tendencia de quecemento global ao longo do tempo.
- En 2010, a temperatura media global foi inferior á de 1980.
- Iso do cambio climático é unha tontería. A temperatura media da Terra non mudou nada nas últimas décadas.
Tarefa
1. Individualmente, decide con que conclusións estás de acordo e con cales non, tendo en conta as evidencias (datos da gráfica).
2. Xuntádevos no grupo de investigación, e chegade a unha decisión común ao respecto.
3. Cando teñades unha resposta, revisade a retroalimentación.
A ver si temos coincidido.
Conclusións correctas
1, 2, 5
Conclusións incorrectas
3, 4, 6, 7