C. Todo un proceso

Tarefa

Ordena a secuencia temporal dunha investigación en química ambiental.

  1. Nun congreso de química en Londres comunicouse que, logo dos incendios, aumentou a concentración de nitratos nunha lagoa ourensá.
  2. Esta mañá unha lagoa de Ourense apareceu cun gran nivel de contaminación.
  3. Un investigador ourensán tomou mostras de auga das lagoas e realizou unha análise química no laboratorio.
  4. Un investigador ourensán ten a hipótese de que os incendios forestais poden estar relacionados coa contaminación das lagoas.
  5. O investigador ourensán, despois de analizar a auga, comprobou que, tras os incendios, aumentaron os contaminantes na auga das lagoas.

Na orde temporal lóxica, indica os números dos acontecementos desde o principio á fase final do proceso:

___   ___   ___   ___   ___