B.C: Comproba o que aprendiches

Pregunta Verdadeiro-Falso

Antes de rematar o segundo paso de cara a investigación que ides facer, revisa as frases seguintes,  e indica se che parecen verdade ou falsidade (mentira). Primeiro pensa a túa resposta individualmente e, cando o teñas claro, compártea con outro compañeiro ou compañeira. Que lembras da historia da ciencia?  

Pregunta 1

As primeiras ideas sobre os átomos apareceron a partir de 1950

Pregunta 2

Charles Darwin considérase o pai da xenética.  

Pregunta 3

A presenza das mulleres na ciencia é maioritario xa na década de 1960. 

Pregunta 4

A táboa periódica dos elementos é autoría de  Dmitri Mendeléyev.  

Pregunta 5

Marie Curie e Pierre Curie foron os descubridores do elemento Polonio (Po).