A. Comproba o que aprendiches

Pregunta Verdadeiro-Falso

Indica se as frases seguintes, en relación a este experimento, son verdad ou mentira. 

Nunha investigación 10 persoas beben unha bebida de cola con cafeina e outras 10 beben unha bebida de cola sen cafeina. Aos 20 minutos mídeselles a todos e todas a presión arterial para comprobar o efecto da bebida. 

Pregunta 1

Tomar ou no tomar a  bebida con cafeína é a variable experimental

Pregunta 2

A idade das persoas é a variable controlada. 

Pregunta 3

A presión arterial das persoas participantes é a variable experimental. 

Pregunta 4

Facer o experimento a todas as persoas participantes a mesma hora do día é unha forma de control experimental.  

Pregunta 5

Neste experimento o peso das persoas pode ser unha variable estraña a controlar.