Avaliamos o traballo doutro grupo
A coavaliación do grupo de investigación é un proceso de avaliación no que os membros dun grupo avalían o traballo dos seus compañeiros dentro doutro equipo. Este proceso implica reflexionar sobre aspectos como a participación, a contribución individual, a colaboración, a responsabilidade e a calidade do traballo realizado por cada integrante. O obxectivo principal é fomentar unha análise crítica e honesta que promova a mellora colectiva e individual, ao tempo que se valoran os esforzos e o compromiso de cada membro. A coavaliación axuda a fortalecer o traballo en equipo e a garantir unha distribución equilibrada do esforzo.
Ferramenta de avaliación
Usaremos a mesma rúbrica de avaliación que na autoavaliación.
Tarefa
- Aplicade a mesma rúbrica que usaste na autoavaliación. Cada membro do grupo deberá asignar un valor a cada apartado, de acordo coas descricións establecidas, e despois chegar a un acordo colectivo a partir das decisións individuais. Discutide con respecto e aceptade os comentarios construtivos dos demais.
- Entregade unha copia da coavaliación ao profesor ou profesora.