A.B.C. Reflexión

Avaliación colaborativa das preguntas de investigación

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Equipo (CC BY-SA)

No grupo clase, revisade as preguntas de investigación formuladas polos grupos de investigación e verificade se cumpren os criterios establecidos, propoñendo melloras e fomentando a reflexión en equipo.

Preparación 
Cada grupo de investigación debe ter definida a súa pregunta de investigación e preparada unha breve exposición que inclúa:

  • A formulación da pregunta.
  • A razón pola que pensan que é investigable.
  • Unha idea xeral de como planean investigala.

Exposición

Cada grupo presenta a súa pregunta ao grupo-clase. A exposición debe durar entre 3 e 5 minutos e incluír unha xustificación breve que relacione a pregunta cos criterios de preguntas investigables:

  • A pregunta non é unha comprobación simple nin unha resposta SI/NON.
  • Permite analizar relacións entre variables.
  • É viable no contexto escolar (recursos, tempo, materiais).

Rolda de valoración

O grupo-clase analiza cada pregunta á luz dos criterios establecidos e comenta ao grupo con respecto:

  • Cumpre os criterios? (SI ou NON, con xustificación).
  • Propostas de mellora: que cambios ou axustes poderían facerse para que a pregunta sexa máis clara ou interesante?

Valoración da proposta

Cada grupo anota as suxestións recibidas e, despois de todas as exposicións, reúnese durante 10 minutos para decidir:

  • Que melloras implementarán na súa pregunta.
  • Se manterán a pregunta orixinal ou a reformularán.

Versión final

Tras valorar as suxestións, os grupos de investigación comparten a versión final da súa pregunta coa clase e co docente, explicando brevemente que cambios fixeron e por que.