Avaliación global

Todos e todas avaliamos

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Avaliación (CC BY-SA)

Unha forma de realizar unha avaliación global integrando a autoavaliación do voso grupo de investigación, a coavaliación dos compañeiros/as e a heteroavaliación do/a docente pode ser mediante unha posta en común estruturada. Podedes organizar a sesión como desexedes. Se queredes, aquí tedes unha proposta paso a paso:

Preparación

  1. Cada grupo realiza a súa autoavaliación, seguindo a rúbrica establecida, e prepara un resumo dos seus puntos fortes, áreas de mellora e aprendizaxes clave.
  2. Cada grupo recibe feedback (retroalimentación) doutros grupos mediante a coavaliación. Os comentarios deben ser construtivos e basearse en aspectos específicos (traballo en equipo, presentación, investigación, etc.).
  3. O/A docente realiza a heteroavaliación, tendo en conta tanto o traballo do grupo como o de cada integrante, e elabora un feedback global.

Posta en común

  1. Con soporte na rúbrica, cada grupo presenta brevemente o resultado da súa autoavaliación, destacando o que consideran que fixeron ben e o que poderían mellorar.
  2. A continuación, comparten os comentarios recibidos na coavaliación dos compañeiros/as, reflexionando sobre os puntos máis relevantes ou sorprendentes.
  3. O/A docente comparte o seu feedback (retroalimentación), centrado en validar as conclusións do grupo, aclarar dúbidas e proporcionar orientación adicional.


Reflexión colectiva

  • Abride un espazo de discusión onde todos os grupos poden compartir aprendizaxes comúns e retos que atoparon no proceso.
  • Promóvese a participación de todos e todas para fomentar o intercambio de ideas e estratexias.

Conclusión e peche

  • Cada grupo redacta unha breve síntese conxunta que inclúa as aprendizaxes máis importantes, as accións de mellora para o futuro e unha valoración do proceso de avaliación global.
  • Esta síntese debee entregarse ao profesor ou profesora e presentarse como produto final.

Este método asegura que todas as perspectivas sexan tidas en conta e promove unha aprendizaxe máis profunda a través da reflexión e o intercambio de ideas.