Tarefa

Voltamos a ver unha imaxe anterior, agora para traballar con ela.
Foi creada por Intelixencia Artificial coa seguinte instrución: "crea unha imaxe que represente un laboratorio do século XVIII e outro na actualidade".
Traballade en parellas para responder á seguinte pregunta:
Tendo en conta o que ves na imaxe, sinala polo menos tres diferenzas entre a forma de traballar en ciencias hai séculos e na actualidade.
Tarefa
1. Reflexiona e tenta responder individualmente.
2. Logo, consensúa a túa resposta cun compañeiro ou compañeira, buscando unha conclusión común.
Algunhas ideas. Seguro que coinciden coas vosas reflexións:
-
Hoxe trabállase en grupos de investigación, como vós ides traballar; antes, o traballo científico era individual.
-
Agora hai máis coñecemento e recursos, así como instrumentos máis precisos.
-
As mulleres, no pasado, non eran protagonistas; traballaban principalmente como auxiliares dos científicos. Hoxe ocupan o lugar que lles corresponde, dirixindo moitos grupos de investigación.
-
Actualmente, existe unha ampla colaboración entre equipos científicos a nivel internacional, algo que non sucedía no pasado.