C. Contidos

Traballar en grupo

Ocultar

Presentamos 10 recomendacións para que traballar nun grupo de investigación escolar no teu IES, CPI ou Colexio funcione ben, e se asemelle ao xeito correcto de traballar nun grupo de investigación profesional, por exemplo no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa de Madrid ou no Instituto Oceanográfico de Vigo. 

Imaxe de IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2. Traballo en equipo (CC BY-SA)

Revisa a s recomendacións de vagar. 

1. Tede claro sempre o obxectivo principal da investigación e os obxectivos máis específicos do traballo durante o proceso. 
Antes de comezar, asegurádevos de que todos e todas teñan claro o propósito do proxecto e o que se quere acadar como grupo. Ter unha meta común axuda a manter o foco e a motivación.

2. Dividide as responsabilidades. 
Analizade as tarefas que implica o traballo e asignade roles específicos a cada membro. Deste xeito, todos e todas saberedes que parte vos corresponde e evita que alguén teña que facer todo o traballo. Recollede esas responsabilidades no caderno de traballo. Son funcións importantes: coordinarse co profesor ou profesora, asegurar que o material estea sempre preparado, rexistrar os resultados e incidencias que van aparecendo, rexistrar en fotografías ou vídeos se o proxecto o precisa, etc. O ideal é que definades esas responsabilidades e as repartades. Ao longo do proxecto, poden ir mudando as responsabilidades. 

 3. Establecede un plan de traballo. 
Acordade un calendario con datas límite para cada tarefa ou etapa do proxecto. Isto axudará a manter o traballo organizado e a evitar problemas de última hora.

4. Organizade un primeiro encontro para planificar. 
Xuntádevos antes de empezar a traballar para coñecer as ideas de cada un e acordar como abordaredes o proxecto. Este primeiro encontro serve para establecer unha visión compartida e resolver dúbidas.

5. Pactade regras básicas de traballo en equipo. 
Decidide algunhas normas para o grupo, como horarios de reunión, prazos de entrega e formas de comunicación entre o equipo. Ter regras claras axuda a que todos se comprometan do mesmo xeito. Decidide cal é o método de comunicación que ides usar dentro do grupo.  Valorade o uso dun documento compartido. 

6. Distribuíde a liderado
Acordade que todos teñan a oportunidade de liderar algunha parte do proxecto ou de moderar algunha reunión. Isto permite que todos participen de forma activa e se sintan involucrados e involucradas.

7. Planificade momentos para revisar o progreso. 
Decidide cando vos xuntaredes para avaliar o avance do proxecto, preparar o material,  tomar datos, resolver problemas e axustar tarefas se é necesario. Estes momentos de revisión axudan a manterse no camiño correcto.

8. Escoitade as ideas de todos e todas. 
Deixade que cada membro exprese as súas opinións e suxestións. Respectar e valorar as ideas de todos fortalece o traballo en equipo e mellora a calidade do proxecto.

9. Manteñede unha actitude positiva e solidaria. 
O traballo en grupo pode ser desafiante, pero cunha actitude positiva e de apoio, todo é máis doado. Asegurádevos de axudarvos mutuamente, de estar abertos á crítica construtiva e de centrarvos nos obxectivos. E aparecerán conflitos, resulta normal en todas as actividades humanas, o interesante é aprender a afrontalos. Aquí teredes oportunidades de facelo. 

10. Tede contacto permanente co docente. 

O profesor ou a profesora guía a investigación. Non deixedes de comentarlle calquera incidencia. 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Seguindo estes consellos, poderedes comezar o proxecto de maneira organizada e cun ambiente de colaboración que aumentará as posibilidades de éxito. A

A traballar, equipo!

Escoller preguntas

Ocultar

Pensar en posibles preguntas para investigar pode resultar fácil. Outra cousa é que as podamos empregar para desenvolver un proxecto de investigación viable (posible) no instituto ou colexio.

Chamamos preguntas investigables aquelas que si podemos investigar no noso contexto.

Porén, como distinguir preguntas investigables?  

Imos aplicar unha rúbrica sinxela, e dicir, unha ferramenta  moi fácil que nos indicará se a nosa pregunta é investigable.

 Criterios para seleccionar preguntas investigables para proxectos posibles:

1.      O resultado á nosa pregunta xa se coñece porque o mesmo proxecto ou experimento xa foi realizado moitas veces?

2.      A resposta á pregunta é só SI ou NON?

3.      A resposta é unha simple comprobación e un dato? Por exemplo, saber a temperatura corporal do alumnado da clase, ou saber a lonxitude das plantas do xardín, ou o rexistro das temperaturas mensuais da vila?

4.      Teño tempo durante o que queda de curso para realizar a investigación ou, de acordo co docente ou a docente hai tempo, para desenvolvelo no tempo que se indique?

5.      Teño o material e as posibilidades para investigar e dar resposta a esa pregunta?

6.      O proxecto implica relacionar variables, por exemplo, influencia da Lúa e crecemento das plantas ou presenza de ruído e concentración para estudar?

 

Se as respostas 1, 2 e 3 son NON e as respostas 4, 5 e 6 son SI; a pregunta é investigable e o proxecto viable. De non ser así non é o caso, e debemos pensar en outra opción.

Exemplos:

- Cal é a estatura media do alumnado da miña clase?

A resposta ao criterio 3 é SI, polo tanto non é investigable.

- Como inflúe o lugar de nacemento na estatura media do alumnado da miña clase?

A resposta 1, 2, 3 é NON e a 4, 5 e 6 é SI, polo tanto si que é investigable.

As mellores preguntas

Ocultar

Deixo algúns consellos para buscar boas preguntas de investigación. Lembrade sempre falar diso co profesou ou coa profesora. 

1. Escollede un tema que vos interese de verdade
Pensade en algo que esperte a vosa curiosidade. Se o tema vos gusta, será máis doado traballar nel e manter o interese ao longo do proxecto. Por exemplo: como afecta a música na concentración para estudar?

2. Facede preguntas específicas e non demasiado amplas
Evitade formular preguntas moi xeralizadas, como: que é o cambio climático?, e céntrate en aspectos concretos: como varía a temperatura en distintas zonas do patio do instituto ou a beira do río da miña vila ? Isto facilitará atopar respostas claras, orixinais e enfocadas.

3. Asegúradevos de que podedes recoller datos e medir algo (cuantificar)
Unha boa pregunta investigable debe permitirche recoller información mediante observacións, experimentos ou enquisas. Por exemplo: cantas horas de luz solar recibe o xardín do colexio cada día e como inflúe a posición no xardín no crecemento dunha especie de planta?

4. Formulade preguntas que impliquen relacións entre variables
As preguntas investigables, como xa vimos,  non só piden datos simples, senón que buscan conexións. Por exemplo: como afecta o uso de auriculares na capacidade de lembrar palabras? Estas preguntas permiten análises máis interesantes. Tentade que haxa máis de dúas variables. 

5. Tede en conta os recursos e o tempo dispoñibles
Asegúradevos de que podes realizar a investigación co tempo e os materiais que tedes. Preguntas como: como inflúe o uso de fertilizantes no crecemento das plantas en 6 anos? non é realistas, non tedes tempo. Tentade buscar proxectos con pouco custo. 

Actividade despregable

Ocultar

Le e completa

Consellos para formular preguntas investigables e exemplo dun proxecto de química

Formular boas preguntas é clave para desenvolver proxectos científicos interesantes e viables. Aquí tes algúns consellos básicos:

Escolle un tema que che interese. É máis doado traballar cando sentes curiosidade polo tema. Por exemplo, en , poderías investigar algo relacionado co efecto de no medio ambiente.
Sexa específico. As preguntas demasiado poden ser difíciles de responder. En vez de preguntar: como afectan os produtos ao solo?, especifica algo como: que efecto ten o fertilizante X no pH do solo en 4 semanas?
Asegúrate de que podes medir algo. A túa pregunta debe permitir recoller a través de experimentos, observacións ou enquisas. Por exemplo, medir o pH ou observar cambios na cor dun líquido son accións concretas en química.
Busca relacións entre . Investigar como dúas ou máis variables están conectadas fai que o proxecto sexa máis interesante. Por exemplo, pregunta: como inflúe a dun ácido na velocidade de reacción cun metal?
Ten en conta os recursos e o tempo dispoñibles. Asegúrate de que podes realizar o proxecto cos materiais e o que tes. Investigar algo como: que pasa coa dun metal en diferentes tipos de líquidos en dúas semanas? é máis realista que un proxecto que leve .

Activar JavaScript