Saltar navegación

C. Máis falacias

Tarefa

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Traballo en grupo (CC BY-SA)

Traballade en grupo de investigación

Lembrades os tipos de falacias que vimos nos contidos C?

A tarefa consiste en, que logo de revisar os tipos de falacias, indiquedes a que tipo corresponde cada unha delas. 

FALACIAS

  1. "Se a Terra fose redonda, as persoas caerían dela. Como non caemos, entón debe ser plana."
  2. "Un famoso influencer de Barcelona di que as vacinas son perigosas, así que non debemos vacinarnos."
  3. "O meu tío Manolo fumou toda a vida e nunca tivo cancro, polo tanto, fumar non é tan malo para a saúde."
  4. "Ou aceptamos esta teoría científica exactamente como está, ou todo o que sabemos sobre o tema é falso."
  5. "O cambio climático non existe porque o inverno deste ano foi especialmente frío."

Tarefa

1. Individualmente, decide de que tipo de falacia se trata cada unha delas.  

2. Xuntádevos no grupo de investigación, e chegade a unha decisión común ao respecto. 

3. Cando teñades unha resposta, revisade a retroalimentación. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)