O futuro

Deixamos unha invitación a reflexionar sobre os resultados do proxecto de investigación e identificar posibles liñas de continuidade para futuras investigacións.
Os puntos para debater poden ser:
- Que aspectos quedaron sen resolver ou poderían ser ampliados?
- Apareceron cuestións novas durante a investigación que non estaban previstas?
- Hai conexións entre os resultados obtidos e outros temas ou áreas de interese?
Logo de debater os puntos anteriores o grupo pode facer unha proposta sinxela cos puntos seguintes:
- Nova pregunta de investigación, que se basee nos aspectos identificados.
- Obxectivo xeral: que queredes investigar ou conseguir?
- Posibles métodos: como abordarían este novo proxecto?
Cada grupo pode presentar a súa proposta ao resto da clase, explicando como se conecta co proxecto orixinal. Os compañeiros e as compañeiras poden facer preguntas ou suxerir melloras.