A.B.C. Nomes de ciencia

Para o dicionario

Para o teu dicionario de materia, incorpora as seguintes entradas indicando:

  • Nome completo
  • Época
  • Lugar de nacemento
  • Descrición da súa principal achega á historia da ciencia

A entrada debe ser breve, non máis de 10-15 palabras por persoa. Se queres, podes engadir máis nomes á túa lista para completala.

A - Nomes a incluír:
Galileo Galilei, Isaac Newton, Nicolás Copérnico, Albert Einstein, Charles Darwin, Gregor Mendel, Dmitri Mendeléyev, Antoine Lavoisier, Alexander Fleming, Robert Koch, Louis Pasteur, Alfred Wegener.

B - Engade tamén á lista de A:
Carl Linneo, Antonie van Leeuwenhoek, Marie Curie, Michael Faraday, Santiago Ramón y Cajal.

C - Completa a lista de B con estes nomes:
Lynn Margulis, Nikola Tesla, James Clerk Maxwell, Linus Pauling, Gilbert N. Lewis, William Smith, Alan Turing, Robert Gallo e Luc Montagnier, James Watson e Francis Crick, Manuel Elkin Patarroyo, Severo Ochoa, Juan Luis Arsuaga, Margarita Salas.

Lembra:
Segue as recomendacións de busca na rede indicadas nos contidos da Unidade 1 para atopar información fiable e precisa.