A.B.C. Palabras de ouro

Tarefa

Antes de comezar os vosos proxectos, lembrade que hai unha serie de palabras que son de ouro para un investigador ou unha investigadora (por certo, o seu símbolo químico é Au).

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Palabras de ouro nas ciencias

Utilizade o voso "dicionario de investigación" individual para incorporar estes conceptos básicos. Por parellas, asegurádevos de que comprendedes ben o seu significado.

Lembrade que o dicionario é o mesmo que iniciastes na actividade inicial desta unidade 1, onde tedes un formulario dispoñible. 

Os termos imprescindibles son: hipótese,  evidencia, argumentar e conclusión

Dicionario de investigación
Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Dicionario de investigación