A. Xornalistas

Entrevista para o xornal

Flickr. Entrevista (CC BY-SA)

Viaxamos no tempo

Imaxina que traballas como xornalista e tes a posibilidade de viaxar no tempo. Escolle un científico ou científica da lista e realízaselle unha entrevista, empregando as preguntas propostas e engadindo outras, se queres. Obviamente, deberás buscar as respostas na biblioteca ou en Internet.

Lista de científicos e científicas:
Gregor Mendel, Isaac Newton, Nicolás Copérnico, Santiago Ramón y Cajal, Marie Curie, Alexander Fleming, Louis Pasteur.

Proposta de preguntas:

  • Onde e cando naceu?
  • Onde e que estudou?
  • Quen gobernaba e como era a sociedade cando vostede tiña 15 anos?
  • Cal foi a súa principal achega á Ciencia?
  • Como influíu o seu traballo na miña vida no segundo milenio?
  • Como foi recibido o seu traballo na súa época?
  • Tiña vostede compañeiras científicas mulleres?

Na retroalimentación deixo algunhas recomendacións para redactar unha entrevista.