Procura ben. Non todo serve.

En case todas as unidades do camiño cara á investigación, utilizarás Internet. É importante saber buscar, porque na rede hai de todo. Aquí tes catro recomendacións sinxelas para que chegues a fontes fiables e te informes correctamente:
- Verifica a fonte: prioriza sitios oficiais, académicos ou de renome, como páxinas gobernamentais, universidades ou medios de comunicación recoñecidos. Desconfía de páxinas descoñecidas ou de orixe dubidosa.
- Comproba a data de publicación: asegúrate de que a información é recente ou segue sendo relevante. Para temas en constante evolución, como ciencia ou tecnoloxía, busca os artigos máis actualizados.
- Contrasta en varias fontes: consulta o mesmo tema en diferentes sitios para comprobar se a información é coherente e está avalada Isto axúdache a evitar o sesgo dunha soa fonte e mellora a precisión dos datos.
- Busca o autor ou a institución: investiga se o autor ou a organización teñen credibilidade e experiencia no tema. Isto permitirá identificar se a información provén dun experto ou dunha persoa con coñecementos limitados.
Lembra: non te quedes co primeiro que encontres. Dedica tempo a buscar e seleccionar información de calidade.
Un exemplo astronómico
En 2023 produciuse un importante debate político no ámbito educativo en México debido a erros significativos nos libros de texto utilizados polo alumnado de primaria. Un dos erros máis criticados foi a representación incorrecta do Sistema Solar. A imaxe que xerou gran polémica foi a seguinte:

Na sección de retroalimentación tes algúns dos erros detectados no modelo de Sistema Solar representado. Antes de revisalos, trata de identificalos por ti mesmo/a.
Podes comprobar, con esta actividade, que non todo o que aparece nun libro ou nunha revista ou en Internet ten por que ser válido.
-
A orde dos planetas non é correcta.
-
Os planetas aparecen todos do mesmo tamaño, cando a realidade non é así.
-
A distancia relativa entre os planetas non está representada, xa que todos aparecen á mesma distancia uns dos outros.
-
As órbitas aparecen esféricas e non elípticas.
-
Hai varios planetas na mesma órbita.
Seguramente podes detectar máis erros.
Podes ver algunha das críticas en INFOBAE.