B. Contidos

Construír as conclusións

Ocultar

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Argumentar (CC BY-SA)

Para construír as conclusións do noso traballo de investigación, debemos argumentar. Porén, que significa iso?

Argumentar significa expresar ideas de maneira clara empregando datos e evidencias (os resultados do noso traballo) para defender unha opinión ou unha posición sobre un tema. No caso do voso proxecto, argumentar será redactar as conclusións de maneira clara e lóxica, empregando os resultados (evidencias) que obtivestes na experimentación.

Un exemplo claro dun argumento:

Temos 10 árbores no xardín da casa. Asociamos unha letra a cada unha para identificalas. Medímolas e identificamos que a árbore C é a de maior altura, con 2,35 metros.

Argumentar sería:

A árbore C é a máis alta do xardín, xa que mide 2,35 metros, o que representa a maior altura entre todas as árbores.

Como vemos, é unha afirmación que se fundamenta nun dato ou evidencia (a altura, que é maior có resto das árbores).

As partes dunha conclusión

Ocultar

Ao facer a frase de cada  conclusión debemos xuntar dous elementos: 

AFIRMACIÓN + EVIDENCIA

A afirmación é o que concluímos como resultado da investigación. Pode ser a hipótese de partida ou outra conclusión.

A evidencia son os datos ou resultados do noso experimento que apoian cada afirmación.

Un exemplo

A temperatura media global aumentou 1,36 °C respecto á época preindustrial, segundo datos da NASA.

Aquí a evidencia é proporcionada pola NASA, non por experimentos propios, pero identifícase a fonte dos datos, o que nos permite verificalos.

Afirmación: a temperatura media global aumentou 1,36 °C respecto á época preindustrial,

Evidencia: segundo datos da NASA.

Un exemplo sinxelo

Ocultar

Partimos dun experimento no que medimos o crecemento dunha planta no laboratorio do centro, controlando a luz diaria á que está exposta. Os resultados obtidos resúmense na táboa seguinte.

Tendo en conta os datos podemos identificar conclusións verdadeiras e falsas. 

Conclusións verdadeiras:

- As plantas expostas a máis horas de luz creceron máis que aquelas con menos horas de luz.
- O grupo C, con 12 horas de luz diaria, obtivo a maior altura (18 cm) ao final do experimento.

Conclusións falsas:
- As plantas do grupo A creceron máis rápido que as do grupo C.
- A luz non tivo ningún efecto no crecemento das plantas.

O mesmo teredes que facer ao chegar ás conclusións, a partir dos datos que obtivestes na experimentación.

Adiviña

Ocultar

2

Observa as letras, identifca e enche as palabras que faltan.

Número de preguntas: 4

Acertos: 0

Erros: 0

Puntuación: 0

Límite de tempo (mm:ss):

00:00

Minimizar:
Pantalla Completa:
Xenial! A pista é:
Pregunta sen imaxes
Audio
Autoría:

Prema aquí para xogar:
Resposta:
Pregunta:
Escribe a palabra correcta e preme en Responder. Se dubidas, preme en Seguir.
O navegador non é compatible con esta ferramenta.