Acrópole: de Ἄκρος que significa "alto, elevado, cume", e Πόλις "cidade". literalmente "cidade alta", o punto máis alto dunha cidade grega, onde se situaban templos e edificios públicos importantes.
Iconografía: do grego Εικών (icono ou imaxe) e γραφέιν (escribir): estudo das imaxes e símbolos, orixinariamente referido ao estudo das imaxes relixiosas.
Cerámica - Derivado do grego κεραμικός, que significa "de arxila". É o arte de fabricar vasillas, porcelana, louza, etc.
Arquitectura - Ten a súa orixe no grego ἀρχιτέκτων, formado por ἀρχ- "xefe" e τέκτων "construtor", que viría a significar "constructor xefe".
Tímpano - Palabra que deriva do grego τύμπανον, que designaba un tipo instrumento de percusión, un tambor.
Metopa - Vocábulo que provén do grego μετοπή (metopḗ), que significa "espazo entre as vigas".
Pinacoteca - Derivado do grego πινακοθήκη (pinakothḗkē), formado por πίναξ (pínax) "cadro" e θήκη (thḗkē) "caixa ou receptáculo". Designa o museo ou lugar onde se almacenan e expoñen cuadros.
Estética - Provén do grego αἰσθητικός (aisthētikós), que significa "relativo á percepción sensorial".
Técnica - Ten a súa orixe no grego τέχνη (tékhnē), que significa "arte, oficio, habilidade".
Plástica - Derivado do grego πλαστικός (plastikós), que significa "apto para moldear".
Cinematógrafía - A arte de rexistrar o movemento. Composto polos elementos gregos κίνημα (kínēma) "movemento" e γράφω (gráphō) "escribir, rexistrar".