Nestes ODEs trabállanse todas as competencias clave correspondentes ao curso de Grego I, conforme se relacionan na páx. 50806 do Decreto 157/2022, de 15 de septiembre e no Anexo I. A efectos de brevidade, imos dar aquí soamente un breve resumo de cada descritor e remitimos ao anexo I para o seu completo enunciado.
a) Comunicación lingüística (CCL):
Este ODE fomenta a competencia lingüística ao ofrecer ás/ós estudantes a oportunidade de adquirir e desenvolver habilidades de lectura, comprensión e análise de textos nunha lingua diferente: ó grego clásico. Ademais, permítelles coñecer a orixe e a evolución da súa lingua, enriquecendo o seu vocabulario e capacidade de expresión.
CCL1: Exprésase correctamente en forma e modo adecuado e participa en interaccións adecuadamente, argumentando as súas opinións e respectando as dos demais. (cf. Obxectivo 1)
CCL2: Comprende e interpreta e valora criticamente textos de diferente soporte e ámbito, pero especialmente os académicos, sendo quen de participar na construción de coñecemento. (Cf. Obxectivo 1)
CCL3:Localiza, selecciona e contrasta autonomamente información de diversa fonte, avaliando a fiabilidade e pertinencia, sendo quen de integrala e comunicala rigorosa e criticamente, á par que respectando a propiedade intelectual. (Cf. Obxectivos 4 e 5)
CCL4: Le autonomamente obras relevantes da literatura, poñéndoas en contexto y valorando a súa herdanza, sendo quen de ofrecer unha interpretación propia e argumentada e tamén de ofrecer unha recreación de intención literaria (Cf. Obxectivo 3)
b) Competencia plurilingüe (CP)
O presente ODE fomenta a competencia plurilingüe ao introducir unha nova lingua e favorecer a comprensión e a relación coas linguas existentes, sobre todo a galega, promovendo así a capacidade de comunicación en diferentes idiomas.
CP2: Desenvolve a partires da súa propia experiencia estratexias de mellora e ampliación do seu repertorio lingüístico para unha comunicación eficaz.(Cf. Obxectivos 1 e 2)
CP3: Coñece e valora criticamente a diversidade lingüística e cultural da sociedade, intégraa no seu desenvolvemento persoal y pon no centro da comunicación a comprensión mutua. (Cf. Obxectivo 4)
c) Competencia Matemática e Competencia en Ciencia, Tecnoloxía e Enxeñeira (STEM)
As estratexias de tradución de textos e as leis de formación de palabra desenvolven tamén competencias de pensamento científico dedutivo e indutivo. Todas estas competencias están extensamente traballadas no noso ODE, por exemplo nos apartados de estratexias de tradución ou formación de helenismos.
STEM1: Selecciona e utiliza métodos indutivos e dedutivos propios do razoamento matemático en situacións propias da modalidade, empregando diversas estratexias de resolución de problema, reformulando o procedemento e analizando criticamente o problema. (Cf. Obxectivo 1 e 2)
STEM2: Emprega o pensamento científico sobre fenómenos relacionados coa modalidade elixida, partindo do coñecemento, formulando hipóteses e contrastándoas por observación, experimentación ou investigación, empregando as ferramentas axeitadas e sendo consciente da importancia de precisión, veracidade e limitación dos métodos. (Cf. Obxectivo 2)
d) Competencia dixital (CD):
A competencia dixital intégrase nas actividades que se realizan ó longo de todo o ODE, onde son non so instrumento de aprendizaxe, senón tamén destino formativo per se.
CD1: realiza procuras avanzadas, comprendendo como funcionan os motores de procura, aplica ós resultados criterios de calidade, validez, fiabilidade, organiza e selecciona a información e reutilizala criticamente. (Cf. Obxectivo 4)
CD2: Crea, integra y reelabora contidos dixitais de forma individual o colectiva, aplicando medidas de seguridade y respectando, en todo momento, los dereitos de autoría dixital para ampliar os seus recursos y xerar novo coñecemento. (Cf. Obxectivo 5)
e) Competencia Persoal, Social e de Aprender a Aprender (CPSAA)
O traballo neste ODE fomenta o desenvolvemento do pensamento crítico y analítico, xa que implica comprender y analizar textos antigos, interpretar significados e contextos históricos e o desenvolvemento tamén de habilidades de investigación e procura de información, así como de habilidades de autoavaliación y autorregulación da aprendizaxe.
CPSAA5: Planifica a longo prazo, avaliando propósitos e procesos na construción do coñecemento, conectando distintos ámbitos para desenvolver un aprendizaxe autorregulado, para así transmitir o coñecemento, xerar ideas creativas e resolver problemas con autonomía. (Cf. Obxectivo 2)
CPSAA 3.1: Demostra empatía e autonomía, sendo sensible cara ás emocións e experiencias das demais persoas, comprendendo a influencia do grupo para consolidar unha personalidade empatía e independente e desenvolver a súa intelixencia. (Cf. Obxectivo 4)
f) Competencia cidadán (CC):
O noso ODE contribúe ao desenvolvemento da competencia cidadá ao fomentar a conciencia histórica e cultural, a participación cívica e democrática, así como o pensamento crítico e analítico. Estas habilidades e coñecementos permiten aos estudantes comprender e participar de maneira informada e reflexiva na sociedade, exercendo unha cidadanía activa e responsable.
CC1: Analiza feitos, normas e ideas da súa identidade social e histórica para consolidar a súa madurez persoal e social, adquirir conciencia cidadá, desenvolver a autonomía e o espírito crítico, e interaccionar pacífica e respectuosamente coas demais persoas e co entorno. (Cf. obxectivos 4 e 5)
CC4: Analiza as relacións de interdependencia ecolóxica entre o noso estilo de vida e o entorno, facendo unha análise crítica da pegada ecolóxica das accións humanas, e demostrando un compromiso ético e eco-responsable coas actividades e hábitos que promoven os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e a loita contra o cambio climático. (Cf. Obxectivo 5)
g) Competencia emprendedora (CE)
O noso traballo quere favorecer o espírito emprendedor ao promover o pensamento crítico, a creatividade e a capacidade de adaptación, características esenciais para emprender e enfrontar desafíos nun entorno cambiante. Ademais, ofrece exemplos de liderado e emprendemento históricos que poden inspirar aos estudantes no seu propio desenvolvemento emprendedor.
CE1: Avalía necesidades e oportunidades, enfronta retos con sentido crítico e ético, considerando a súa sustentabilidade e o impacto no entorno, para presentar e executar ideas e solucións innovadoras en contextos persoais, sociais, académicos e profesionais emprendedores. (Cf. Obxectivo 5)
h) Competencia en Conciencia e Expresión Culturais (CCEC)
O noso ODE fomenta esta competencia ao somerxer nunha antiga civilización que deixou unha profunda pegada na cultura occidental, ampliando a súa comprensión histórica e a súa capacidade para apreciar e comunicar a riqueza cultural da antiga Grecia.
CCEC1: Reflexiona, promove e valora de forma crítica o patrimonio cultural e artístico de calquera época, contrastando as súas singularidades e partindo da súa propia identidade, para defender a liberdade de expresión, a igualdade e o enriquecemento inherente á diversidade. (Cf. Obxectivos 3 e 5)
CCEC2: Investiga as particularidades e intencións de diversas manifestacións artísticas e culturais do patrimonio, mediante unha actitude de recepción activa e pracer, diferenciando e analizando os distintos contextos, medios e soportes nos que se materializan, así como as linguaxes e elementos técnicos e estéticos que as caracterizan. (Cf. Obxectivos 3 e 5)