Actividades de léxico

Proba o teu vocabulario

Ocultar

- Ausencia de goberno. O termo provén do grego ἀναρχία , formado por ἀν- , que significa 'sen', e ἀρχή , que significa 'autoridade' ou 'goberno'.

  - Goberno dun só gobernante, xeralmente un rei ou raíña. Orixinario do grego μοναρχία, de μόνος , 'único', e ἀρχή, 'goberno'.

  - Goberno onde unha soa persoa ten o poder absoluto. Deriva do grego αὐτοκρατία, composto por αὐτός, 'un mesmo', e κρατία , 'poder'.

  - Sistema de goberno no que o poder reside no pobo. Vén do grego δημοκρατία , de δῆμος, 'pobo', e κρατία, 'poder'.

  - Administración dos recursos. O termo grego é οἰκονομία, de οἶκος, 'casa', e νόμος 'lei' ou 'costume'.

   - Cidade principal. O termo grego é Μητρόπολις, de μήτηρ , 'nai', e πόλις, 'cidade'.

  - Forma de goberno onde o poder está en mans de poucas persoas. Do grego ὀλιγαρχία, de ὀλίγος , 'poucos', e ἀρχή, 'goberno'.

 - Persoa que goberna unha familia ou comunidade. Vén do grego πατριάρχης , de πατριά (patria), 'familia', e ἀρχή, 'goberno'.

  - Ciencia e arte de gobernar na sociedade. Deriva do grego πολιτικά, que significa 'asuntos da cidade', de πόλις, 'cidade'.

  - Goberno exercido por un tirano, caracterizado pola ausencia de legalidade ou abuso de autoridade. O termo grego é τυραννία.

 - Período máis antigo da prehistoria, coñecido como a Idade da Pedra Vella. Procede do grego παλαιός, 'vello', e λίθος, 'pedra'.

  - Período da prehistoria no que se desenvolve a agricultura e novas técnicas de fabricación de ferramentas. Vén do grego νέος (neos), 'novo', e λίθος (lithos), 'pedra'.

Activar JavaScript

Sopa de letras

Ocultar

2

Atopar as palabras ocultas.

Número de preguntas: 8

Acertos: 0

Puntuación: 0

Tempo límite (mm:ss): Minimizar:
Pantalla Completa:
Xenial! A pista é:
O xogo xa comezou.
  • 1.- Anarquía
  • 2.- Autocracia
  • 3.- Política
  • 4.- Paleolítico
  • 5.- Tiranía
  • 6.- Democracia
  • 7.- Patriarca
  • 8.- Helenismo
Respostar
01234567
O seu navegador non é compatible con esta ferramenta.