Saltar navegación

1. A lingua grega no seu contexto

Introdución

Trirreme
Delapouite. Trirreme (CC BY)


A lingua grega clásica permítenos mergullarnos no mundo da antiga Grecia e descubrir as súas obras literarias, filosóficas e históricas. É a lingua na que grandes pensadores como Sócrates, Platón e Aristóteles expresaron as súas ideas, e é tamén a lingua das grandes epopeas de Homero, como a Ilíada e a Odisea. Coñecer e estudar a lingua grega clásica é unha forma de acceder directamente ás fontes primarias da cultura occidental.


O grego clásico, desenvolveuse principalmente na antiga Grecia entre os séculos V e IV a.C. É unha lingua rica e complexa, coa súa propia gramática e estrutura. O seu alfabeto foi clave na formación doutros sistemas de escritura, como o abededario latino e cirílico eslavo.


Ao estudar grego clásico, adentrámonos na tradución e comprensión dos textos antigos en toda a súa profundidade. Aprendemos a ler e interpretar os grandes clásicos da literatura grega, como as traxedias de Eurípides e Sófocles, as obras de Heródoto e Tucídides sobre a historia antiga, e os diálogos filosóficos de Platón.


A gramática grega clásica posúe un sistema de declinacións e conxugacións que require unha atención especial. As diferentes formas verbais, os casos dos substantivos e a construción das frases son elementos fundamentais para dominar a lingua. Ao estudar grego clásico, desafiámonos a nós mesmos a pensar dunha maneira diferente, a analizar con precisión a estrutura das palabras e a súa relación coa sintaxe.


O estudo da lingua grega clásica tamén nos permite profundar na etimoloxía das palabras e comprender a súa orixe e evolución. Moitas palabras en galego e noutras linguas europeas derivan do grego antigo, e coñecer o seu significado orixinal achega unha maior riqueza ao noso vocabulario e á comprensión das raíces da nosa propia cultura.


A lingua grega ábrenos as portas a un universo de coñecemento, a unha viaxe no tempo á antiga Grecia e a súa influencia na nosa sociedade actual. Ao mergullarnos nesta lingua, mergullámonos tamén nunha cultura que sigue viva a través dos séculos, e que nos convida a reflexionar sobre as grandes preguntas da existencia humana. O grego clásico é, por tanto,  unha ferramenta poderosa para explorar o pasado e enriquecer o noso presente.

Nesta unidade imos sentar as bases fundamentais do coñecemento desta lingua e cultura: o marco xeográfico no que se desenvolve, o que nos axudará a situar a acción histórica nos seus condicionantes xeográficos, e o sistema de escritura alfabética, herdanza dos fenicios pero modificado xenialmente polos gregos para dar cabida ás vogais, que nos tamén empregamos. Comenzaremos, porén, pola historia do encontro entre Solón e Creso. O primeiro foi un famoso político e viaxeiro ateniense, que nunha das súas viaxes visitou ao rei lidio Creso, que desexaba xactarse ante o grego da  súa riqueza. Con esta historia, introducimos un dos temas recurrentes da filosofía grega e universal: onde se atopa a verdadeira felicidade?. 

Logo do estudio da xeografía política de Grecia clásica e de aprender a ler en grego, atenderemos a unha herdanza directa da súa cultura: o noso acervo léxico que, neste tema vai ocuparse de termos xeográficos.

Espero que este recorrido sirva para enriquecer o voso coñecemento e vos anime a aprender máis sobre o mundo clásico grego. A fin de contas, iso suporía o voso enriquecemento como seres humanos cultivados, coñecedores e coñecedoras da herencia do pasado, das cuestións que a humanidade sempre se prantexa e das respostas, unhas axeitadas e outras non, que se lle deron na Antigüidade clásica. 

καλὸς περίπλοος

Boa navegación!

Lectura: Solón na corte do rei Creso

Andando o tempo, foron acudindo a Sardes, que estaba no apoxeo da súa prosperidade, cada un á súa vez, todos os sabios de Grecia que vivían por aquel tempo, e entre eles Solón, un ateniense, quen despois de dar leis a estes, que llas pedían, ausentouse da súa patria por dez anos, embarcándose co propósito de ver mundo, pero en realidade para non verse forzado a derrogar algunha das leis que ditara. Os Atenienses por si mesmos non podían facelo, porque se tiñan comprometido por solemnes xuramentos a observar durante dez anos as leis que Solón lles ditase. Por este motivo, pois, e para ver mundo, Solón emigrou e visitou a Amasis en Exipto e a Creso en Sardes. 

Á súa chegada foi hospedado por Creso no seu palacio. Despois, aos dous ou tres días, por orde de Creso, uns servidores pasearon a Solón polas salas dos tesouros e fixéronlle ver o magnifico e precioso que era todo. Cando houbo contemplado e examinado todo aquilo ás súas anchas, Creso fíxolle esta pregunta: hóspede ateniense, ata nós chegou moitas veces a fama da túa sabedoría e das túas andanzas, nas que, por afán de saber e por curiosidade, visitaches moitos países. Agora, pois, veume o desexo de preguntarche se viches xa a alguén que sexa o máis feliz de todos os homes. 

Creso facíalle esta pregunta na crenza de que el era o máis feliz dos homes. Pero Solón, sen louvanzas e con franqueza, contestoulle: Se, señor, a Telo o ateniense. Sorprendido ante tal resposta, Creso preguntoulle impaciente: por que xulgas que Teo é o máis feliz?  Solón respondeu: En primeiro lugar, Teo vivía nunha cidade próspera e tiña fillos fermosos e bos, e de todos eles viu nacer fillos que chegaron todos a maiores; e en segundo lugar, viviu todo o ben que se pode entre nós  e o máis glorioso fin coroou a súa vida, pois nunha batalla librada en Eleusis entre os atenienses e os seus veciños, acudiu ao combate e puxo en fuga ao inimigo e atopou unha morte hermosísima; e os atenienses fixéronlle exequias públicas no mesmo lugar onde caera e tributáronlle grandes honras. 

Creso escoita os argumentos de Solón
J. H. van de Horst. Solón e Creso (CC0)


Como Solón excitou a curiosidade de Creso  falándolle das moitas prosperidades de Teo, Creso preguntoulle de novo cal dos homes que vira era o segundo despois daquel, enteiramente convencido de que o segundo lugar, polo menos, levaríao el. Pero Solón contestou: Cleobis e Bitón. Porque estes, que eran naturais de Argos, posuían suficientes medios de vida e, ademais, a forza corporal que imos ver: ademais de que ambos eran campións atléticos, cóntase deles a seguinte historia. En ocasión dunha festa que os arxivos celebraban en honra de Hera, foi de todo preciso que a súa nai fose levada en carro ao santuario, pero os seus bois non chegaran do campo á hora debida. Como o tempo apremaba, os mozos metéronse eles mesmos baixo o xugo e tiraron da carreta, e na carreta ía a súa nai; e despois de percorrer con ela corenta e cinco estadios, chegaron ao santuario. E a nai, excedendo xúbilo pola proeza e os eloxios, de pé ante a imaxe, rogou á deusa que concedese a Cleobis e Bitón, os seus fillos, que a honraban tanto, o don mellor que un home poida alcanzar. Despois desta oración, unha vez terminados sacrificios e banquete, os mozos botáronse a durmir no mesmo santuario e non se levantaron máis, senón que alí colleulles o último sono. E os argivos mandaron facer estatuas deles e consagráronos en Delfos, por consideralos homes moi ilustres. 

Así pois, Solón adxudicaba a estes mozos o segundo lugar de felicidade, pero Creso, indignado, exclamou: estranxeiro ateniense, e a nosa felicidade, tanto a refugas e en nada a tes, ata o punto que non nos equiparas nin con eses simples particulares?  Solón replicou: Creso, a min, que sei que toda divindade é envexosa e perturbadora, interrógasme sobre as cousas humanas. Porque no longo tempo dunha vida pódense ver moitas cousas que un non quixese, e padecer tamén moitas.  De todos os días dunha vida, ningún deles trae consigo acontecementos enteiramente iguais aos doutro. O home é todo azar. A min parécesme que es moi rico e rei de moitos súbditos; pero aquilo que me preguntabas, non podo aínda dicir que o sexas, ata que non me decate que terminaches felizmente a túa vida. Porque o home moi rico non é  máis ditoso, a non ser que a fortuna acompáñelle, que o que vive ao día, ata que acabe ben a súa vida no medio de toda clase de prosperidades. Pois moitos homes inmensamente ricos son desdichados, mentres moitos con modestos medios de vida son afortunados. O que é moi rico pero desdichado, non ten máis que dúas vantaxes sobre o afortunado, mentres este ten moitas sobre o rico desdichado. O rico é máis capaz de satisfacer os seus desexos e aguantar o golpe dunha gran calamidade, pero o afortunado ten sobre el estas vantaxes: certamente non é tan capaz como aquel de facer fronte a desgrazas  e desexos, pero a boa fortuna presérvalle destes males, e non ten achaques, nin enfermidades, non sabe de miserias, ten bos fillos, é de bo ver; e se, ademais, aínda acaba ben a súa vida, ese é aquel que ti buscas, o que merece ser chamado feliz; pero ata que non chegue ao fin, agarda, non lle chames aínda feliz, senón afortunado.

Agora ben, reunir todas estas vantaxes, sendo mortal, é imposible, do mesmo xeito que ningún país alcanza a abastecerse de todo, pois se ten un produto, carece doutro, e o país que ten os máis, este é o mellor. Así tamén ningunha persoa humana bástase ela soa, pois se ten un ben, fáltalle outro, e o home que teña continuamente un maior número destes bens e logo termine dulcemente a súa vida, este, señor, é para min quen ten dereito a recibir ese nome. Mais en todo asunto hai que atender como será o seu desenlace final; porque a moitos a divindade déixalles ver a ledicia e logo abáteos de raíz.

Estas palabras de Solón supoño que non agradaron nada a Creso, que sen facerlle ningún caso despediulle, xa que consideraba tolo de remate ao que, sen ter en conta as súas riquezas presentes, aconselláballe fixarse no fin de todas as cousas.

Guía de Lectura: O encontro de Solón e Creso na corte deste, segundo Heródoto

O episodio do encontro entre Solón e Creso, relatado polo historiador grego Heródoto,  aborda temas como a riqueza, a sabedoría e a felicidade. 

1. Contextualización
Investiga e describe brevemente o contexto histórico e cultural no que se desenvolve o episodio do encontro entre Solón e Creso.

En que época e lugar sucede este acontecemento? 

Cres que se trata dun acontecemento histórico ou trátase dunha narracion ficticia?

Que sabemos sobre Solón e Creso e cales foron os seus roles na sociedade da época?


2. Resumo do episodio
Resume coas túas propias palabras o episodio do encontro entre Solón e Creso, segundo a versión de Heródoto. Destaca os puntos clave da historia e os diálogos máis relevantes entre os dous personaxes.


3. Análise dos personaxes
Analiza a personalidade e as motivacións de Solón e Creso. Que valores representan cada un deles? Que contraste existe entre ambos personaxes? Como reaccionan ante as circunstancias e as respostas que se dan mutuamente?


4. Temas principais:
Identifica os temas principais que se abordan no episodio. Algúns posibles temas poden incluír: a riqueza e a súa relación coa felicidade, a sabedoría e a virtude, o destino e a sorte, a importancia dos valores morais, entre outros.

Explora como se desenvolven estes temas na historia e que mensaxe intenta transmitir Heródoto a través do encontro entre Solón e Creso. 

Avalía a túa comprensión do texto

Pregunta

1. Cal é o tema principal que se aborda no episodio do encontro entre Solón e Creso?

Respostas

A importancia da riqueza material.

A virtude e a sabedoría como fontes de felicidade.

A rivalidade entre Solón e Creso.

O destino e a fortuna na vida dos gobernantes.

Retroalimentación

Pregunta

Quen son os dous personaxes principais no episodio?

Respostas

Solón e Heródoto

Creso e Cleóbulo

Solón e Creso

Heródoto e Creso

Retroalimentación

Pregunta

Cal é a actitude de Creso ao recibir a Solón na súa corte?

Respostas

Está emocionado por aprender da sabedoría de Solón.

Está desexoso de mostrar a súa riqueza e éxito.

Está preocupado pola competencia de Solón

Está decepcionado pola visita de Solón

Retroalimentación

Pregunta

Cal é a resposta de Solón cando Creso lle pregunta se coñece a alguén máis feliz e próspero que el?

Respostas

Solón eloxia a riqueza e o éxito de Creso

Solón menciona a varios homes virtuosos e sabios

Solón garda silencio e non responde

Solón búrlase de Creso pola súa arrogancia

Retroalimentación

Pregunta

Que argumenta Solón sobre a verdadeira felicidade?

Respostas

A verdadeira felicidade atópase na riqueza material

A verdadeira felicidade atópase na fama e o poder

A verdadeira felicidade atópase na virtude e a sabedoría

A verdadeira felicidade non existe

Retroalimentación

Pregunta

Cal é a reacción de Creso ante as palabras de Solón?

Respostas

Séntese ofendido e desprecia a resposta de Solón.

Comprende e acepta as palabras de Solón.

Decide desterrar a Solón do seu reino

Retroalimentación

Debate: riqueza e felicidade

Duración:
50:00
Por grupos
Grupos de 3/4 estudantes

Discútese o papel da riqueza na procura da felicidade. Os estudantes distribúense en grupos e a cada grupo asígnaselle un punto de vista diferente: o de Solón, o de Creso ou un propio, se eles así o estiman máis motivador. Valórase a presentación de argumentos sólidos para defender as ideas do grupo propio e  rebater as opinións contrarias.

Ensaio

Duración:
50:00
Sen grupos
Tarefa individual

Elabora un ensaio argumentativo no que conste:

1. A túa avaliación da mensaxe que Heródoto intenta transmitir a través da historia do encontro entre Solón e Creso.

2. O teu grado de acordo coas ideas presentadas por Solón.

3. O contraste das ideas sobre a felicidade que se expresan no texto e as que consideras que están presentes hoxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)