Saltar navegación

Actividades

investigación: a influencia dos rituais relixiosos e a maxia

Duración:
60'
Agrupamento:
Individualmente ou en grupo

Trátase de explorar a influencia dos rituais relixiosos e prácticas máxicas da Grecia antiga nas tradicións contemporáneas.

Instrucións:

1. Escolla de tema: elixe un dos seguintes aspectos para a túa investigación:

  • Rituais de nacemento e o seu paralelismo con prácticas actuais.
  • A influencia dos rituais de casamento gregos nas tradicións nupciais modernas.
  • Prácticas funerarias da Grecia antiga e a súa conexión coas modernas formas de loito e recordo.
  • A persistencia da astroloxía, amuletos, encantamentos ou a quiromancia na cultura popular actual.

2. Realiza unha busca de información sobre o teu tema elixido, enfocándote en:

  • A descrición das prácticas na Grecia antiga.
  • A súa transformación e adaptación ata os nosos días.
  • Exemplos específicos de como estas prácticas inflúen na cultura contemporánea.

3. Elaboración: redacta un informe de 2-3 páxinas que inclúa:

  • Unha introdución ao tema elixido.
  • Un desenvolvemento que detalle a información recollida.
  • Unha conclusión que reflexione sobre a importancia destas prácticas na actualidade.

4. Presentación: prepara unha breve presentación en PowerPoint ou ferramenta similar para compartir os resultados da túa investigación coa clase. 

Reflexión persoal

Fai unha pequena reflexión sobre a influencia e a relevancia das prácticas relixiosas e máxicas da Grecia antiga na túa vida persoal ou na sociedade actual.

Instrucións:

1. Selección da práctica:

Escolle unha das prácticas mencionadas no texto (rituais de nacemento, casamento, morte, astroloxía, amuletos, encantamentos ou quiromancia) que che pareza particularmente interesante ou relevante.

2. Reflexión persoal:

Responde ás seguintes preguntas:

  • Por que elixiches esta práctica en particular?
  • Viches algún exemplo desta práctica na túa vida ou na cultura popular? Descríbeo.
  • Que pensas sobre a conexión desta práctica coa súa orixe na Grecia antiga?
  • Coidas que estas prácticas teñen valor ou significado na sociedade contemporánea? Por que?

3. Redacción: escribe un ensaio de 1-2 páxinas que recolla as túas reflexións.

4. Compartir: establece diálogo na clase ou mesmo unha charla persoal, onde poidas compartir as túas ideas e escoitar as dos teus compañeiros, amigos o familiares sobre as diferentes prácticas e a súa relevancia hoxe en día. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)