Saltar navegación

Actividades

Liña do tempo

Os estudantes crearán unha liña do tempo que inclúa os períodos arcaico, clásico e helenístico, sinalando os eventos máis importantes e o seu impacto na literatura da época.

Análise de personaxes

Os estudantes elixirán un personaxe de "A Ilíada" ou "A Odisea" e realizarán un ensaio escrito sobre as súas motivacións, accións e evolución ao longo da obra..

 

Debate

Organización dun debate sobre o tema da ira na Ilíada e a astucia na Odisea. Os estudantes dividiranse en dous grupos, cada un defendendo a importancia dun dos temas na obra correspondente.

Creación poética

Os estudantes escribirán dous breves poemas, un en estilo monódico e outro en estilo coral, inspirados en temas da época arcaica

Comparación de estilos historiográficos

Os estudantes compararán extractos de "Historias" de Heródoto e "Historia da Guerra do Peloponeso" de Tucídides, identificando diferenzas en estilo, enfoque e metodoloxía.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)