O Fragmento 31 de Safo
O poema de Safo que recollemos aquí e coñecido como o poema dos celos, é un dos máis famosos e analizados da poetisa grega. Safo de Lesbos é unha sobresaínte figura da lírica grega arcaica e, aínda que gran parte da súa obra perdeuse ou só sobrevive en fragmentos, a súa influencia na poesía lírica foi profunda e duradeira.
Paréceme que é semellante a os deuses
aquel home que se senta diante de ti,
e ó teu carón te escoita embelesado mentras
docemente falas
e sorrís chea de encanto. Iso a min
o corazón do peito meu esvaéce;
cando te mira en non son quen
xa de falar
a lingua se me quebra no mismo momento
e un suave lume recorre
baixo a miña pel, nada vexo cos meus ollos,
resoan os meus oídos ,
comezo a sudar e enteira
tremo, más pálida que a herba
estou, e case preto da morte
síntome, infeliz, pero...